miércoles, junio 08, 2016

UN MINIMO DE 451 NOVAS PRAZAS DE ATENCION A INFANCIA

Feijóo destacou a aprobación no Consello da Xunta da convocatoria de axudas para a creación de garderías en polígonos industriais e parques empresariais; unha media pioneira en Galicia, que proporcionará un mínimo de 451 novas prazas de atención á infancia en contornos empresariais.
Feijóo precisou que a través desta convocatoria subvencionarase a realización do proxecto, o acondicionamento da parcela, a construción ou reforma dun inmoble para a creación da escola así como o seu equipamento, incluíndo o mobiliario e o material didáctico.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións empresariais ou entidades representantes dun parque empresarial ou polígono industrial, a título individual ou agrupadas que reúnan os seguintes requisitos: dispoñer dunha parcela de terreo apta para o establecemento dunha escola infantil nun polígono industrial ou nas súas inmediacións, achegar un estudo que reflicta que existe un mínimo de 50 nenos menores de tres anos potenciais usuarios; e presentar un plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento do centro durante un mínimo de 5 anos.

No hay comentarios: