lunes, junio 27, 2016

UN ANO MAIS AS TAXAS UNIVERSITARIAS CONXELADAS

Feijóo destacou  na rolda de prensa do Consello a aprobación do decreto para conxelar un curso máis as matrículas de grao, tanto nas primeiras como nas sucesivas matrículas e nos másters, logo de acadar o apoio unánime do Consello Galego de Universidades. Deste xeito, os máis de 61.000 alumnos que van iniciar unha carreira ou a continuar os seus estudos universitarios o próximo curso, non terán que pagar nin un euro máis do que viñan pagando aproximadamente hai oito anos; e, ao mesmo tempo, Galicia volverá a ser un ano máis a Comunidade coas taxas universitarias máis baixas do Estado.

No hay comentarios: