lunes, junio 13, 2016

TELLADO DE CAMPAÑA CON JUNCAL

Miguel Tellado acudiu xunto co candidato ó congreso pola provincia de A Coruña, Juan Juncal, e o voceiro do PP de Fene, Gumersindo Galego ó tradicional feirón de Perlio.
Tellado salientou os contratos conseguidos ó longo desta lexislatura polo goberno de Mariano Rajoy.
O secretario xeral do PPdeG quixo poñer en valor que, á súa chegada ao goberno, Rajoy atopou o estaleiro de Perlío-Fene, a antiga ASTANO completamente pechada. “Non tiña traballo porque sobre ela caía un veto prorrogado polos socialistas durante os últimos dez anos” mentres que neste período o que fixeron Rajoy e o PP foi “reabrir a antiga ASTANO, acender os talleres, darlle luz, darlle carga de traballo ademais a través dun sector que significa a diversificación, que é o da éolica mariña”.
Tellado salientou que dende a fin do veto, o que fixo o goberno de Rajoy foi lograr un contrato para a construción das 29 Jackets de eólica mariña para Iberdrola, que supón unha facturación de 90millóns de euros, así como o contrato subscrito tamén por Navantia para a fabricación de 5 macroestructuras flotantes para a fixación de parques de eólica mariña en augas profundas para unha filial de Statoil. Estes dous contratos, segundo Tellado, “debullan un panorama completamente distinto para o sector naval na ría de Ferrol”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tellado y Juncal espantan a los ferrolanos. Por cierto, ¿puede alguien decirme se esta peculiar pareja conseguido personalmente interventores entre sus amigos y familiares?