jueves, junio 02, 2016

TELLADO CELEBROU OS DATOS DO PARO

Miguel Tellado, afirmou, que tras 31 baixadas consecutivas do paro en Galicia “é evidente que a recuperación económica por fin chegou á rúa”.
Tellado celebrou os datos do paro do pasado mes de maio, onde houbo un descenso no desemprego de 16.517 persoas con respecto a hai un ano, é dicir unha baixada significativa do 7% que se traduce na creación de postos de traballo.
Así mesmo, salientou que creceu un 1,26% a afiliación á Seguridade Social en relación ao ano pasado, con 11.841 afiliados máis que hai doce meses. En total, levamos 26 meses consecutivos de subidas á afiliación en Galicia dende abril de 2014, uns datos que Tellado cualifica como positivos e que avalan que a recuperación económica “é real”.
Para o PP cómpre estar satisfeitos posto que o paro baixa en todos os sectores, nas catro provincias e nas sete cidades galegas.
Ademais, malia que asegurou que aínda queda moito por facer, puxo en valor todo o traballo realizado nestes últimos meses e que permite que hoxe podamos celebrar estas cifras.

No hay comentarios: