miércoles, junio 01, 2016

RUEDA RESPONDE O BNG DE PONTEVEDRA

Contestación de Alfonso Rueda o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera, "Todo o demais é perder o tempo en ocorrencias que serven para crispar pero que non lle solucionan os problemas á xente; como para iso xa se bastan vostedes de sobra, non conten comigo nin co meu partido".
Unha carta que responde a enviada polo grupo provincial del BNG a Alfonso Rueda, esta semana. "Contéstolle á carta que vostede me remitiu onte, anunciada antes nos medios de comunicación cunha intensidade que facía presaxiar algo mellor que o feixe de descalificacións e saídas de ton que logo resultou ser. Xa lle adianto que ese é o seu estilo, e non o meu; polo tanto non espere o mesmo. Benvido, eso si, señor Mosquera, á preocupación polo acoso e as ameazas que tiveron e teñen que sufrir os políticos." 
"Quizais vostede crea que isto se soluciona con bronca política e botándolle a culpa aos demais, pero se me permite un consello –que xa sei que non- eu diríalle que se sente coa presidenta da Deputación, que se centre, e se poñan –dunha vez- a gobernar, mais aló de incertos e carísimos proxectos que ata o de agora só serviron para que vostede se fixera propaganda."
"Non se obsesione co Partido Popular, que está facendo - e ben- o seu traballo na oposición, a pesar de ter gañado as eleccións. Conte co Partido Popular para traballar conxuntamente e en positivo."

No hay comentarios: