jueves, junio 09, 2016

PSOE, BNG E MAREA REXEITAN O APOIO A ALCOA GALICIA

O PP lamentou que os grupos da oposición rexeitaran onte a proposta de declaración institucional para o mantemento dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia. “Diante desta situación, decidimos rexistrar o contido desta proposta como proposición non de lei, de xeito que en vindeiras sesións do Parlamento se poida debater e coñecer a postura de todos os grupos sobre o futuro de Alcoa e dos seus traballadores”, sinalou Jose Manuel Balseiro. 
Balseiro lembrou que a proposta do Grupo Popular recollía a práctica totalidade das cuestións formuladas polo Comité de Empresa de Alcoa, co mesmo contido da que se aprobou no Parlamento de Asturias e pretendía instar á multinacional a promover o mellor futuro posible para as fábricas existentes en San Cibrao e A Coruña.

No hay comentarios: