jueves, junio 09, 2016

O PPOU DE PRECAMPAÑA EN SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Os candidatos do PP de Ourense ao Congreso e ao Senado visitaron o polígono industrial de San Cibrao das Viñas, dentro do programa de actividades enmarcadas na precampaña electoral que a formación popular ourensá está a desenvolver nestes días, co obxectivo de tomar o pulso á economía da provincia.
Miguel Ángel Viso, Celso Delgado e Francisco José Fernández, acompañados polo secretario xeral do PP, Rosendo Fernández, mantiveron un encontro co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono, Elías Mera, quen na compaña de membros da directiva subliñou a importancia deste área industrial, con máis de 300 empresas e 8.000 trabajadores, e formulou algunhas das principais demandas dos empresarios, entre as que citou a necesidade de contar con programas que faciliten a implantación de empresas e lles axuden a vender os seus produtos no exterior.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Vino la candidata cunera cabeza de lista por el Senado o, transcurrido el weekend campestre, ya se fue de vuelta a Madrit a servir fielmente a la Soraya? No sé, a lo mejor se perdió por las carreteras

Anónimo dijo...

¿Y, mientras, el alcalde mareado de La Coruña qué hace?