viernes, junio 24, 2016

O PPOU COS TRES DEPUTADOS COMA OBXETIVO

Manuel Baltar fixo  un recoñecemento ao labor desenvolvido pola candidata ao Congreso, Ana Belén Vázquez, nas pasadas lexislaturas, reclamando o voto maioritario dos ourensáns ao PP co fin de recuperar a súa experiencia e enerxía “para loitar en Madrid polo progreso económico e social da nosa provincia”. Manuel Baltar pediu o apoio do electorado para conseguir o terceiro representante por Ourense no Congreso no mitin que os populares celebraron esta tarde en Bande, coa presenza do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e do alcalde da vila, José Antonio Armada.
A cinco días da xornada electoral e coas enquisas coincidindo en sinalar o trunfo do PP, Baltar advertiu que non abonda con ser a forza política máis votada, “senón que compre reunir o apoio masivo dos ourensáns en torno á nosa candidatura, para que coa aportación de tres representantes en Madrid o Partido Popular sexa quen de formar un goberno”.
Os populares de Ourense, dixo o presidente provincial, “temos demostrado que somos un partido forte, con actividade constante por toda a provincia e ese dinamismo, non só en campaña electoral, é o que nos converte nunha forza de goberno”. As demais formacións, engadiu, “case que nin se moven durante a campaña e só aspiran a apartar ao PP para gobernar eles buscando pactos imposibles”.
Ana Belén Vázquez non deixou pasar a ocasión de agradecer as verbas do presidente, pero tamén “todo o apoio e mailo cariño que sempre tivestes conmigo”, dirixíndose directamente aos seus veciños.
Vázquez, que tamén reclamou o apoio maioritario, lembrou que votar a outras forzas, nomeadamente a Ciudadanos, “é tirar o voto en Ourense, como tamén noutras vinte e cinco provincias españolas”. Un voto de nula utilidade porque, entre outras cousas, “Rivera non despexa dúbidas co seu programa, máis ben preocúpanos, mentres que no PP somos claros ao comprometernos en seguir traballando para solucionar unhas das principais preocupacións do cidadáns: o desempleo”.


No hay comentarios: