martes, junio 07, 2016

O PPOU APURA A PRECAMPAÑA

Os candidatos ao Congreso e ao Senado polo PP de Ourense achegáronse onte ás localidades de Cea e O Carballiño dentro do programa de actividades da precampaña que o PP está a realizar nestes días, visitando aos produtores de pan de Cea e a unha das empresas máis importantes do parque empresarial de Seoane.
En Cea, os candidatos coñeceron de primeira man a elaboración do pan de Cea no forno Lodairo e os preparativos que se están a facer para o vinte e cinco aniversario da Festa gastronómica deste produto, cita declarada de interese turístico.
A segunda cita da mañá para os candidatos estivo no Carballiño, onde visitaron o parque empresarial de Seoane e, máis en concreto, a empresa Gestamp Wind Steel Galicia, dedicada á fabricación de torres eólicas e que ten preto de 400 empregados. Logo de escoitar as explicacións do traballo que se realiza nestas instalacións, a candidata ao Senado, Miri Barreira, declarou que empresas industriais como esta “precisan de políticas económicas que lles axuden a manter e incrementar a súa competitividade, ofrecendo maiores facilidades para executar novos proxectos ou gañar proxección no mercado, e iso o garante o proxecto do PP”.
Tamén ss candidatos do PP de Ourense ao Congreso e ao Senado realizaron onte unha visita a Cortegada, primer acto co que iniciaron as súas actividades de precampaña. Miguel Ángel Viso, Celso Delgado, Ana Belén Vázquez, Belén Gómez, Miri Barreira, Francisco José Fernández e Carmen Leyte percorreron a localidade tomando contacto cos veciños e escoitando as súas preocupacións e demandas, marcando así a liña dunha campaña electoral na que os candidatos populares estarán a pé de rúa cos ourensáns.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Penosa la lista de Orense, especialmente la del Senado. Una chica muy arreglada colocada y enchufada con trifásico por la Soraya y que jamás ha trabajado en la provincia. Y los militantes a callar ante semejante dedazo.