lunes, junio 06, 2016

O PP DE PONTEVEDRA PREOCUPADO POLO ESTADO DAS PRAIAS NA PROVINCIA

O PP de Pontevedra denunciou  na praia de Ribeira, en Baiona, a falta de apoio da Deputación de Pontevedra para garantir a posta a punto dos areais. A voceira Nidia Arévalo, que estivo acompañada polos deputados Javier Bas e Jose Enrique Sotelo, así como dos alcaldes de Baiona e Soutomaior, Ángel Rodal e Agustín Reguera, sinalou que mentres anos anteriores a institución provincial non escatimaba en esforzos nin recursos para que as praias tivesen os mellores servizos e estivesen nas mellores condicións, o único apoio que recibiron esta tempada os concellos da costa foi unha peneira,sen tractor e sen condutor, durante quince días. Por este motivo, os populares esixirán no próximo pleno que a Deputación poña a disposición dos concellos un plan permanente de limpeza das praias da provincia.
“Pedímoslle que non mire cara outro lado, non teñen nin idea de como se goberna unha Deputación e como se xestiona un parque de maquinarias. Os alcaldes da provincia teñen que contratar empresas privadas a limpeza e asfaltado de viais, e agora a limpeza de praias, porque a Deputación non presta ese apoio necesario e incondicional que tiña que ser, porque o sentido desta institución debería ser de apoio aos pequenos e medianos concellos”,

No hay comentarios: