martes, junio 28, 2016

O PP DE OURENSE SUPERANDOSE A SI MISMO

Manuel Baltar expresou onte a súa máxima satisfacción polos resultados alcanzados este domingo, que cualificou como “un inmenso caudal de confianza” e que se traduciu en que un de cada dous ourensáns votaran ao PP, é dicir, case que o 50 % de apoio electoral. Coa vista posta xa nas autonómicas, Baltar afirmou que aínda hai posibilidades de mellora destes resultados, para o que se comprometeu a “cargarnos de razóns para que ese votante vexa que o noso proxecto merece a súa confianza”.
Nunha comparecencia diante dos medios de comunicación para valorar os resultados da xornada electoral e na compaña do deputado electo Miguel Ángel Viso, salientou a elevada participación na provincia, o 69,95 %, “máis que a media de España e de Galicia, o que lexitima con máis forza os resultados”.
Manuel Baltar agradeceu en varias ocasións os 91.007 apoios recibidos, puntualizando que aínda se podería aumentar este dato cos votos válidos dos 3.952 emigrantes que exerceron o seu dereito. Uns resultados, engadiu, que contribuíron a lograr eses 14 novos escanos en toda España e ampliar o número no Senado.
Non faltou na comparecencia o xa tradicional mapa azul da provincia, que permite comprobar como o PP logrou gañar en tres concellos máis que nas eleccións de decembro. “Gañar en 87 dos 92 concellos non é nada fácil e a receita é estar sempre a disposición dos ourensáns, haxa ou non eleccións, ter vivo o partido porque as forzas políticas non só se fan para os quince días de campaña, senón para contar coa xente, escoitala e xerar propostas”.

No hay comentarios: