jueves, junio 02, 2016

O PP DE LUGO A PLENO RENDEMENTO

Onte o PP de Lugo a pleno rendemento, pon un lado quiso poñer en valor os plans da Xunta para o fomento do uso da lousa como material de construción, e por outro remitiu de novo un rogo ao presidente da institución no Pleno de onte, o socialista Darío Campos, a través do que urxe que “de xeito inmediato” se acometan os traballos de desbroce das estradas provinciais, facendo especial fincapé nas que vertebran as principais zonas turísticas da provincia.
Elena Candia, lamenta a falta de “preocupación e de traballo” do bipartito na administración provincial e lembra que en pasados rogos “demandábamos que se levaran a cabo os labores de desbroce nas estradas da súa titularidade antes dos meses de verán, de xeito que axilizaran os trámites e estes acometidos se realizasen antes da época estival”. A principios do mes de xuño, aos populares cónstalles que a Deputación de Lugo “unha vez máis fixo oídos xordos” ás peticións “non só do noso Grupo, senón de alcaldes, voceiros e veciños, mentres mantén esquecida a rede viaria provincial”.
Ante esta circunstancia, dende o Grupo Popular consideran “máis preocupante aínda”, matiza Candia, a situación de abandono que se está a dar na Ribeira Sacra e na Mariña, dado o seu importante potencial turístico. A voceira explica que o estado das vías e a súa sinalización son o primeiro contacto do turista co territorio “e disto dependerá a imaxe inicial e predisposición positiva ou negativa coa que os nosos visitantes comecen a súa viaxe”.

Deste xeito, ademais de urxir que se acometan estes labores de desbroce en toda a rede viaria provincial, a través do último rogo os populares fan fincapé na “necesidade inmediata” de que a Deputación de Lugo, de cara á tempada alta da época estival, proceda a acometer os labores de limpeza das estradas da súa titularidade nos concellos da Ribeira Sacra e da Mariña e “garantir así o tránsito e accesibilidade dos seus veciños e veciñas e das persoas que visitan estas zonas”.
Elena Candia lembra que esta situación “se está a dar de xeito reiterado ano tras ano e a realización tardía destes labores convértese nun feito común da Deputación de Lugo, ata o punto de que nalgúns concellos se chegaron a acometer estas actuacións mesmo nos meses de outono”. Así, a popular asegura que esta circunstancia pode chegar a derivar en consecuencias “moi negativas” dado a maior facilidade que ofrece a maleza á hora da propagación dos incendios forestais, ademais de que a falta de limpeza dos bordes das estradas tamén entrañan un considerable perigo para a circulación.

No hay comentarios: