martes, junio 21, 2016

O PP A CARON DOS QUE MAIS O PRECISAN


Feijóo afirmou que mentres algúns buscan sacar rédito político da pobreza e cren que acaban de inventar a loita contra a exclusión, o PPdeG leva moito tempo loitando contra ela e axuda ás familias que o pasan mal. 
Así se expresaba no acto sectorial con entidades sociais advertiu que Galicia pide cooperación pero esixe tamén que ninguén pretenda monopolizar a loita contra a pobreza para obter réditos políticos. celebrado esta mañá en Ourense, onde asegurou que Galicia ten un obxectivo claro: lograr que toda a poboación se beneficie da recuperación económica. Algo que, como sinalou, conseguirase a través da implicación das empresas, das Administracións locais, e das entidades sociais, nun movemento a prol da inclusión social coordinado e encabezado pola Xunta.
Nesta liña, Feijóo advertiu que Galicia pide cooperación pero esixe tamén que ninguén pretenda monopolizar a loita contra a pobreza para obter réditos políticos.
E insistiu en que o PP sempre está a carón dos que máis o precisan e axuda ás familias, non para crear persoas dependentes das axudas públicas, senón para impulsalas ata lograr que sexan autosuficientes.
“A porta cara a inclusión social é a autosuficiencia económica e a porta cara a suficiencia autonómica non é outra que a creación de emprego”, asegurou, engadindo que Galicia, ademais de axudar ás familias con baixos ingresos, leva 31 meses consecutivos creando emprego. “A mellor política social é a que facilita o crecemento das empresas e busca crear postos de traballo”,

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cuidado que vienen los malos, jajaja