viernes, junio 17, 2016

O MAIS CONTRAPRODUCENTE PARA GALICIA ES O VOTO A PODEMOS


Feijóo en Ferrol insistiu en que votar a Ciudadanos non ten sentido e é contraproducente ata para os votantes deste partido, xa que pode acabar transformándose nun voto ás Mareas de Podemos. “O voto a Ciudadanos non suma, o voto a Ciudadanos resta”, engadiu.
Así mesmo, fixo fincapé en que “o máis contraproducente para Galicia é o voto a Podemos”. Segundo indicou, eles din ser “os da xente” pero o primeiro que fan no Congreso é pedir un referendum en Galicia, para que nos dividamos entre nós e teñamos que escoller entre ser ou galegos ou españois.
Do mesmo xeito, recordou tamén que din querer un estatus diferente para Cataluña e o País Vasco, algo que, segundo asegurou Feijóo, non pagaremos os galegos, “xa que nós non pagaremos os privilexios doutras comunidades autónomas”.
Ademais, se isto fose pouco, lembrou que Podemos tamén se amosa en contra do naval, contra Reganosa, contra a factoría PSA, contra o aeródromo de Rozas e mesmo contra o AVE, que consideran “dos ricos”. “De ir tanto en contra do PP e de ir tanto en contra Feijóo, fóiselles a man e o que están é en contra de España”.

No hay comentarios: