martes, junio 21, 2016

INTENSA XORNADA DE CAMPAÑA DO PPOU

“O Partido Popular é a única formación que está a favor de España, cun programa claro, sen sorpresas e pensado por e para os españois, non como o resto dos partidos que só teñen dúas propostas: derrotar ao PP e logo xa veremos que facer”.  Manuel Baltar, lanzou esta mensaxe durante a intensa xornada de campaña que, coa presenza de Feijoó, levou aos populares ourensáns ata Xinzo de Limia e Verín.
Logo da visita que ambos os dous líderes populares realizaron á capital limiá, onde mantiveron un encontro coa xunta local e militantes, ademais de percorrer diversas zonas da vila, Manuel Baltar pediu en Verín o compromiso dous ourensáns cun voto a favor da moderación, da estabilidade e do futuro, “fronte aos que non sabemos o que pretenden”.
“Non tiveron reparos en paralizar o país durante seis meses e agora pretenden que lles confíen o voto cando nin eles mesmos saben a España que queren”, advertiu o presidente provincial, que tamén se referiu ás enquisas publicadas hoxe nos medios de comunicación: “din que o PP gañará estas eleccións, que en Ourense conseguiremos superar una vez máis o apoio electoral e que o terceiro escano non é imposible”.
Para Manuel Baltar estes resultados constantan a confianza que os ourensáns teñen no PP, “pero non só se trata de gañar unhas eleccións, senón de conseguir o apoio maioritario e suficiente para formar un goberno que garanta a recuperación económica e a mellora social”, polo que pediu un esforzo máis para estes últimos cinco días de campaña, en particular co obxectivo de convencer a ese un de cada tres votantes que aínda non decidiu o seu voto.
Nunha liña semellante manifestouse a candidata ao Senado, Miri Barreira, na súa intervención diante dun auditorio moi especial ao chegar á súa terra, subliñando que “todas as enquisas coinciden en que o escenario está máis que claro: ou goberna o PP ou o extremismo, o que é o mesmo que dicir que escollemos a estabilidade ou voltamos ao pasado, pero aínda máis radical”.
Calquera outra opción que non pase por estar a favor de España “non leva a ningún lugar, salvo a debilitar o emprego, a recuperación e poñer en risco o noso futuro, por non falar da parálise do país e a repetición por terceira vez as eleccións, o que non podemos permitir”.
Miri Barreira fixo unha chamada ao voto ao Partido Popular e evitar así que se disperse o apoio dos electores, “de tal xeito que o 26 de xuño consigamos reunir o voto útil e moderado para facer de novo presidente a Mariano Rajoy”.
A xornada electoral do PP de Ourense completouse cunha visita a Ramirás, na que ademais dos candidatos tamén estivo presente Miguel Tellado, así como senllos mítines en Ceboliño, coa intervención de Celso Delgado e Belén Gómez, e en Castro de Beiro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Baltar pai, imputado na causa que se segue contra o seu fillo
O asesor xurídico da Deputación de Ourense declarou que o avogado da muller que denunciou o presidente provincial quixo chegar a un acordo para que esta atopara traballo no ente provincial.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/29980-baltar-pai-imputado-causa-se-segue-fillo