miércoles, junio 08, 2016

IMPORTANTE COLABORACION ENTRE XUNTA, FEGAMP E ENTIDADES NO AMBITO SOCIAL

Feijóo valorou moi positivametne  a adhesión da Fegamp e da Rede Galega de Loita contra a pobreza e a exclusión á Axenda Social Única, co obxectivo de unir esforzos nun novo impulso ás familias con máis dificultades. “Co compromiso que temos coas familias que teñen menos recursos, e especialmente coas familias con nenos a cargo, coa axuda e co aval da Rede Galega de Loita contra a Pobreza e Exclusión Social, e coa decisión de facer realmente efectivo o diálogo que faga posible a verdadeira coordinación que lle debiamos a todos os galegos, asinamos esta Axenda Social Única para dar un novo impulso ás familias con máis dificultades”, afirmou.
Tras a sinatura, Feijóo asegurou que con este acordo “plasmamos a coordinación que nos esixe a Lei de servizos sociais, que pon de manifesto que esta competencia non é exclusiva de ninguén, senón compartida entre a Comunidade e os concellos; pero tamén o que a sociedade nos reclama, porque todos temos un papel que xogar e que debemos asumir de forma responsable”.
Non en van, o documento pon de manifesto que esta Axenda Social, cuxas medidas están dirixidas de xeito prioritario a fogares con menores de 16 anos a cargo e con ingresos de traballo inferiores aos limiares da Risga, é unha resposta axeitada para promover a inclusión social.
Así mesmo, especifica que a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Rede Galega de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social comprométense a colaborar e cooperar no desenvolvemento das medidas que a integran a Axenda Social Única, e na máxima coordinación efectiva entre as institucións implicadas, para promover a inclusión social das persoas e familias máis vulnerables, e paliar deste xeito os efectos da exclusión e loitar contra as causas que a provocan.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A 36 horas de empezar la campaña electoral, en Coruña seguimos sin saber donde va a ser la apertura de la campaña electoral.
Me esperaba esto de Barreiro, pero no de Rosa Gallego.
Vamos de mal a peor.
A la militancia se le ningunea, no cuentan con nosotros, solo nos quieren para ir en una puta mesa electoral.
Va a ir su padre. Ningunean a Ruano, nos ningunean a los aficionados.
El partido se encuentra sin control y sin frenos.
Calvo, congreso ya!!!