jueves, junio 23, 2016

FEIJOO PIDE O VOTO OS VOTANTES DO PSOE


Feijóo pediu o apoio dos votantes socialistas que non atoparon no seu partido un compromiso claro coa moderación, xa que esa é unha garantía que só teñen no PP. Nun mitin celebrado onte en Vigo no que contou coa compañía da candidata ao Congreso, Ana Pastor, e do presidente provincial, Alfonso Rueda; o dirixente aseguroulles a todos aqueles que votaron ao PSOE pero que non queren que Podemos “lles dea leccións”, que teñen a opción de unirse aos populares. Do mesmo xeito, tamén sinalou que hai moita xente que nestes seis meses non atopou o que buscaba en Ciudadanos senón todo o contrario, coa incerteza de que o seu voto non se traduza nun escano para esta formación pero si se poida converter nun escano para Podemos. Para todos eles, tamén admitiu que teñen unha vía segura co voto aos populares

No hay comentarios: