martes, junio 14, 2016

FEIJOO APOSTA POLA ESTABILIDADE

Feijóo apostou hoxe pola estabilidade para seguir progresando, con máis forza se cabe, e para defender os intereses de Galicia ante o debate que xa está aberto, e que se intensificará nos próximos meses, sobre o modelo territorial.
Nesta liña e na Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, Feijóo subliñou que a estabilidade permitiu preservar a nosa autonomía, seguir mellorando os servizos públicos, poder dispoñer dun superávit de responsabilidade e de impulso económico, e ter a previsión de crecer ao 2,8% -tres décimas máis do previsto- e de reducir a taxa de paro ata o 17,3% a final de ano (un punto menos do estimado inicialmente). E, avogou por seguir traballando para preservala, “porque non facelo –dixo- non só poría en serio risco a reactivación económica, senón tamén porque é fundamental para defender Galicia no debate sobre o proxecto territorial”.

No hay comentarios: