martes, junio 14, 2016

FATIMA BAÑEZ CO PP DE OURENSE

Estabilidade, emprego e España foron as tres “es” sobre as que Fátima Báñez, ministra en funcións de Emprego e Seguridade Social, baseou a súa intervención onte ante a xunta directiva provincial do PP de Ourense, ante cuxos membros afirmou con rotundidade que o PP é “o único partido especialista en sacar ao país das crises nas que nos meten os gobernos socialistas”.
Na súa visita á sede, a ministra foi presentada por Manuel Baltar, quen lembrou que os gobernos nacen dos partidos e estes “dunha sala de máquinas, que como o PP de Ourense, está sempre en marcha”.
Fátima Báñez recolleu as palabras “do meu amigo Manuel Baltar” recoñecendo que “cando veño a Ourense veño aprender o que é o PP, un gran proxecto do que formo parte con orgullo, que soubo tomar decisións, moitas veces difíciles”.
Para subliñar o feito nestes catro anos polo goberno popular, a ministra en funcións lembrou que “cando chegamos ao poder España era un problema para Europa e o mundo e hoxe lideramos o crecemento e o emprego na zona euro, transformando a ruína económica e social en recuperación”.
Fátima Báñez repasou os logros alcanzados nestes catro anos, recuperando millón e medio de empregos dos máis de 3,3 millóns que destruíu a crise. Recoñeceu que queda moito por facer, aínda que se está na boa dirección para alcanzar o obxectivo de 20 millóns de persoas traballando dentro doutros catro anos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaya, vino la chica de Soraya otra vez para hacerse la foto ; qué esfuerzo.

Anónimo dijo...

Un partido que trata a sus votantes como el PP trató a los exconcejales de Santiago vilmente sometidos a juicio sumarísimo (seguramente para ocultar escándalos en otros ayuntamiento mayores como todos sabemos), no está en condiciones de pedir el voto a sus afiliados, y mucho menos pretender que estos afiliados y simpatizantes trabajen para ellos.

DEVOLVAMOS DE UNA VEZ LA DIGNIDAD A ESTE PARTIDO!