lunes, junio 06, 2016

CRISIS DO PP EN RAIRIZ DE VEIGA

O PP de Ourense anunciou a apertura dun expediente de expulsión a Manuel Ferreiro Fernández e José Antonio Fernández González, ambos os dous concelleiros no Concello de Rairiz de Veiga,  Rosendo Fernández, advertiu que o partido “nunca permitirá actitudes desleais que prexudiquen á nosa formación, á súa presenza nas institucións e aos seus representantes”.
O expediente de expulsión, precisamente, baséase no artigo 13.1.d) dos estatutos do PP, que cualifica como infracción moi grave a “manifesta deslealdade ao Partido, aos seus órganos de goberno e representación, entendida esta como toda acción u omisión voluntaria encamiñada a prexudicar o interese xeral do Partido”.
Para Rosendo Fernández, “ambos os dous concelleiros veñen demostrando dende hai tempo que non teñen reparos en obstaculizar o labor de goberno do PP en Rairiz de Veiga, mesmo poñendo todo tipo de atrancos ao traballo da alcaldesa”.
O secretario xeral dos populares de Ourense foi taxante ao denunciar a falta de ética dos concelleiros, “que na práctica están a facer oposición contra o seu propio partido, posicionándose con outra formación contra as propostas de goberno do PP e ata pedindo a dimisión da rexedora”.
Fernández asegurou que “non imos permitir que os cargos públicos do partido, no exercicio das súas responsabilidades, actúen de forma contraria aos principios e programas da formación, traicionando ao partido que, no seu momento, lles brindou toda a súa confianza para representar aos seus veciños”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alguén se parou a pensar a ver porqué fan isto eses dous concelleiros?
Pode ser posible que os que realmente traballan nas eleccións e pedindo os votos sexan eles e a vividora sexa a alcaldesa (electa non polos seus veciños)?
Estaremos vendo nesta rexedora as prácticas habituais de algúns elementos do PP nos Concellos?, """ou conmigo ou contra min"""
Poderemos ver algún día un PP das bases e para as bases, que non sexa dos que queren o servilismo máis absoluto???
Ahí o deixo para a reflexión, ainda que xa sei que aquí non hay naide que reflexione a menos que vexa o seu cú en perigo