jueves, junio 09, 2016

APOIO DO PP DE PONTEVEDRA A RUTA DO VIÑO DAS RIAS BAIXAS

O PP de Pontevedra pediu onte en Cambados ao goberno bipartito da Deputación de Pontevedra que renove o convenio de colaboración coa Ruta do Viño das Rías Baixas, co obxectivo de dar un novo impulso á entidade e apoiar economicamente tanto o funcionamento diario da ruta como as actividades que desenvolven ao longo do ano. Entenden que é unha ferramenta moi importante para a provincia, xa que practicamente todos os concellos que están baixo o amparo da denominación Rías Baixas se incorporaron a esta ruta, que permite desestacionalizar o turismo, potenciar os viños e a economía local destes concellos.
O voceiro do grupo popular, Ángel Moldes, e os deputados Luis Aragunde e Salomé Peña elixiron a Praza de Fefiñáns e a adega máis antiga de albariño que se coñece en toda a denominación de orixe Rías Baixas para esixir a renovación deste convenio. Defenderon que tanto o turismo como a viticultura son dous sectores moi importantes e sensibles para a provincia, e entenden que “Carmela Silva ten que implicarse, porque para todas as zonas da orixe Rías Baixas é importante este convenio e manter esta actividade”.

No hay comentarios: