miércoles, junio 22, 2016

ALFONSO ALONSO EN OURENSE

El ministro en funcións de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso, advertiu en Ourense que “as mareas de Podemos tamén queren levar a Galicia á confrontación, a desunión e a autodeterminación”, polo que pediu aos electores que pensen no país que queren e presérveno dos riscos do populismo e o radicalismo.
Alfonso Alonso visitou a cidade para participar nunha reunión da xunta directiva do PP de Ourense, onde estivo acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar, e os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado, Miguel Ángel Viso e Miri Barreira.
Ante os membros do órgano de dirección popular, Alfonso Alonso afirmou que “nós non somos o partido dos indecisos, senón da determinación e a garantía”, á vez que defendeu ao PP como a forza da convivencia fronte ao sectarismo.
“Non podemos facer descarrilar agora ao país, sobre todo despois do conseguido nuns momentos moi difíciles e que pode vir abaixo”, engadiu, polo que reclamou un esforzo para animar aos electores para acudir o domingo ás urnas “e non desperdiciar o voto, permitindo que se axiten a augas do resentimento”.
Alfonso Alonso, que na quenda de preguntas fixo unha defensa sen paliativos das Deputacións, lanzou unha clara mensaxe aos membros da xunta directiva ao afirmar que “estas non van ser as eleccións do sorpasso, senón da sorpresa”, polo que pediu que se busque ata o último voto “para un partido, o PP, que non nos falla”.
Tralo remate da reunión coa xunta directiva, o ministro en funcións fizxo un percorrido pola rúa do Paseo, achegándose ara a carpa que os populares ourensáns teñen instalada nesta céntrica rúa da cidade.

No hay comentarios: