lunes, junio 20, 2016

ACTO DE CAMPAÑA DE NN.XX. OURENSE

“Hoxe máis que nunca compre reflexionar e facer un esforzo para lograr os milleiros votos que nos permitirán conseguir o terceiro deputado e superar o 45 % do apoio electoral en Ourense”, dixo Manuel Baltar no acto organizado no entorno termal da Chavasqueira por Novas Xeracións. Unha mensaxe que reforzou o presidente da organización xuvenil, José Antonio Parente, pedindo aos mozos populares que “loiten nestes días campaña polos indecisos, buscando recuncho a recuncho o voto xoven”. 
Ademais do medio cento de mozos de Novas Xeracións chegados dende diversos puntos da provincia, acompañados por Sergio Camiña, secretario autonómico de NN.XX. de Galicia, no acto tamén estiveron presentes os candidatos ao Congreso e ao Senado, Miguel Ángel Viso, Celso Delgado, Ana Belén Vázquez, Belén Gómez, Carmen Leyte e Francisco José Fernández, así como tamén a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e mailo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

1 comentario:

Anónimo dijo...

30 personas y 15 no son jovenes. Parente vas de mal en peor.