martes, mayo 31, 2016

A CANDIDATURA DO PPOU AS XERAIS EN SAN PEDRO DE ROCAS

“O obxectivo do Partido Popular de Ourense para o 26 de xuño non é outro que conseguir que os ourensáns aposten de novo por nós, superando o apoio do 45 % do electorado que alcanzamos en decembro”. Manuel Baltar, fixo esta declaración de intencións durante a presentación das candidaturas do PP de Ourense ao Congreso e ao Senado para as próximas eleccións, acto que tivo como escenario o mosteiro de San Pedro de Rocas.
Manuel Baltar salientou que os ourensáns apoiaron maioritariamente ao PP nos comicios de decembro, “polo que a nosa obriga é presentar ás mesmas persoas que mereceron entón a confianza dos nosos veciños, un equipo formado por dezaoito persoas que traballarán con moito esforzo para achegar a nosa mensaxe”.
Unha mensaxe, engadiu, baseada na moderación “fronte ao radicalismo dos que só teñen como aspiración que os ourensáns non voten ao Partido Popular, buscando todo tipo de coalicións para botar ao PP do goberno, e iso non é un proxecto político”.
O presidente provincial defendeu, neste sentido, que o único pacto que procura o PP é unha coalición cos ourensáns para seguir facendo provincia e mellorando as súas condicións de vida.

1 comentario:

Anónimo dijo...

La jueza cita a José Luis Baltar en el caso de cohecho y acoso sexual contra su hijo
Investiga al político jubilado por tráfico de influencias y también por cohecho

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/05/31/jueza-cita-baltar-padre-denuncia-acoso-sexual-afecta-hijo/0003_201605201605311464703945380.htm