miércoles, junio 15, 2016

25 MILLONS PARA REFORZAR A INDUSTRIA AGROALIMENTARIA

Feijóo avanzou tras o Consello da Xunta a aprobación dun paquete de axudas encamiñadas a protexer e impulsar as industrias agroalimentarias. “Aprobamos un paquete de axudas destinado a robustecer tres das industrias agroalimentarias máis potentes: a láctea, a cárnica e a hortofrutícola”, aseverou, precisando que este paquete supón unha inxección de 25 millóns de euros para responder positivamente a 59 empresas, que mobilizarán un total de 70 millóns de euros no sector agroalimentario.
Feijóo destacou a relevancia estratéxica da industria agroalimentaria, non só para crear e manter postos de traballo senón tamén para mellorar a saída ao mercado e dar valor engadido aos produtos agrícolas, unha das claves para garantir o futuro do rural. E explicou que seis de cada dez euros deste paquete, é dicir, 14,5 millóns de euros irán destinados a apoiar 28 proxectos de investimento no sector lácteo, o que suporá unha mobilización total de 38,3 millóns de euros.

No hay comentarios: