martes, junio 07, 2016

160 MILLONS PARA A AXENDA SOCIAL UNICA

Feijóo destacou  no Parlamento, en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios que Galicia é “a Comunidade Autonóma co plan contra a pobreza e a exclusión social máis ambicioso”. Fíxoo despois de lembrar o acordo acadado onte con 26 ONG da Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social, e a Fegamp para investir 160 millóns de euros na configuración dunha Axenda Social Única contra a pobreza e a exclusión social.
A este respecto e durante a súa intervención, Feijóo enumerou algunhas das medidas que conformarán a dita axenda social “en dependencia, un millón de horas máis en atención ao fogar, en materia sanitaria, financiamento dos medicamentos a aquelas familias que están en risco de exclusión ou en pobreza social e en pobreza infantil, 1000 familias con pobreza infantil tuteladas desde as institucións”.
Nese sentido, o presidente da Xunta afirmou que aínda que a actual taxa de pobreza segue a ser un dos principais problemas da nosa Comunidade, a última enquisa do INE reflicte a evolución positiva dos datos “en 2008 a taxa de pobreza na nosa Comunidade era superior á rexistrada en 2015”. A taxa de pobreza e exclusión social de Galicia é inferior á de España e a porcentaxe de persoas con dificultades para chegar a final de mes baixou do 21,5% de 2008 ao 7,8% de 2015, sendo a metade que a do conxunto de España.

No hay comentarios: