martes, mayo 17, 2016

UNHA DECADA DE TRABALLO PARA A CITROEN DE VIGO

Feijóo celebrou o novo modelo que lle acaba de ser adxudicado á planta de PSA en Vigo, que garante carga de traballo, novos investimentos e un futuro planificado para o sector ata 2026. “Hoxe podemos confirmar máis carga de traballo, máis proxectos, máis horas e máis compoñentes. En definitiva, estamos a falar dunha década, 2016-2026, de plena actividade e carga de traballo para a planta” abundou.
Así o expresaba tras unha xuntanza cos directivos de PSA Vigo, á que asistiu acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Alí, o presidente do Grupo, Carlos Tavares, comunicoulle ao titular da Xunta que a fábrica de Balaídos acaba de facerse cun novo proxecto industrial que se suma ao das furgonetas K9.
Diante desta boa nova, Feijóo sinalou que o novo proxecto que lle acaba de ser adxudicado a Balaídos contempla a fabricación dun novo modelo de vehículo dentro da gama dos turismos e trae consigo unha mellora nas previsións en canto a nivel de actividade. E incidiu en que con este novo proxecto “queda despexada” a vindeira década, cuns investimentos de ata 640 millóns de euros, que van ter un efecto multiplicador polo seu impacto nas empresas auxiliares de compoñentes.

No hay comentarios: