jueves, mayo 19, 2016

UN PARLAMENTO GALEGO MOI VIVO

O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta de Galicia teña en execución no presente ano os dous primeiros tramos da autovía do Mormazo, así como aprobado o proxecto do terceiro treito, ao tempo que instará á Consellería de Sanidade a desenvolver o Plan de apoio á pesca artesanal dirixido a mellorar a competitividade deste segmento da flota.
A orde do día da sesión plenaria incorpora 29 asuntos, dos que o 80 por cento son a iniciativa dos grupos da oposición. Ademais, o 55 por cento das iniciativas son de control e o 38 por cento de impulso ao Goberno. Para Pedro Puy “Queda demostrado, unha vez máis, que a oposición ten moito que dicir no Pleno e moitas posibilidades para traer á Cámara o que estime oportuno, ao tempo que a maioría non usa o Parlamento para facer propaganda, indicou”.

No hay comentarios: