lunes, mayo 09, 2016

TERCEIRO ANO CONSECUTIVO DE INCREMENTO DO ORZAMENTO DESTINADO A DISCAPACIDADE

Feijóo destacou que, por terceiro ano consecutivo, a Xunta volve incrementar o orzamento destinado á atención á discapacidade, que desde 2014 ascendeu un 24% ata acadar os 94 millóns de euros.
O obxectivo, segundo aseverou, é construír un modelo de sociedade no que a integración non sexa entendida como unha simple asimilación desta realidade social, senón como un recoñecemento ás capacidades de cada persoa.
Durante a sinatura dos convenios nominativos coas entidades de discapacidade 2016, Feijóo afirmou que Galicia quere ser un exemplo dentro da sociedade moderna de protección social, destacando así o traballo que desempeñan asociacións como Fegerec e Aspaym e as representadas a través do CERMI.
Máis polo miúdo, afirmou que estes convenios teñen como obxectivo contribuír a promover a integración social e laboral das persoas con discapacidade; favorecer o seu desenvolvemento persoal e a súa autonomía; desenvolver accións encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida; orientar e apoiar as persoas con discapacidade e as súas familias e coidadores; e impulsar a formación e a investigación para o tratamento da discapacidade.

No hay comentarios: