lunes, mayo 02, 2016

TELLADO DESVELA A FARSA DAS PRIMARIAS NO PSOE

Miguel Tellado calificou de farsa e pucherazo as primarias exprés dos socialistas galegos. É sorprendente que, despois de sete anos na oposición, o PSOE conceda só 72 horas para buscar candidato á Presidencia da Xunta e un rival para Feijóo. Segundo indicou, isto vén a demostrar a improvisación e mesmo a desesperación dos socialistas.
Para Tellado, resulta curioso que se queira disfrazar de participativo un proceso que é xusto o contrario, porque as presas do PSOE imposibilitan que haxa alternativas cun mínimo de garantías. Como indicou o voceiro dos populares galegos, trátase dun proceso pensado pola cúpula do propio PSOE.
Segundo reflexionou os socialistas levan tempo sen acertar, tanto coas súas cabezas de cartel como coas políticas que defenden desde a súa estrutura autonómica, e non parece que vaia ser esta a vez na que vaian contar con máis elementos para acertar.
Logo de lamentar o pucherazo perpetrado pola xestora do PSOE, Tellado afirmou que é moi difícil que a militancia dese partido tome en serio o proceso ideado por Ferraz coa connivencia desta xestora.
Baixo o punto de vista de Tellado, isto demostra que Ferraz e os seus delegados en Galicia se toman moi pouco en serio a Galicia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Polo menos levan o traballo de facer unha farsa, no PP nin iso.