martes, mayo 31, 2016

SEGUIMOS BATENDO RECORDS DE VISITANTES

Feijóo, referiuse, durante o acto de entrega de Bandeiras Azuis 2016, á aposta por conxugar o respecto ao medio ambiente e a calidade na atención ao turista como a chave para bater récords de visitantes.
Feijóo asegurou que esta aposta é unha parte irrenunciable da marca Galicia, o que fixo posible que en 2015 a Comunidade acadase o seu máximo histórico de viaxeiros aloxados en establecementos regrados, liderando o crecemento a nivel estatal, cun 12% máis de viaxeiros ca o ano anterior.
Así mesmo, destacou os datos do turismo regrado no primeiro cuadrimestre deste ano, no que a Comunidade superou os 920.000 viaxeiros, un 8,2% máis que no mesmo período de 2015.
O titular da Xunta subliñou tamén que avogar pola calidade no servizo permite a Galicia, ademais de liderar a clasificación española de bandeiras azuis, manter a segunda posición no seu equivalente en establecementos hostaleiros: as Q de calidade.

No hay comentarios: