miércoles, mayo 25, 2016

SE FAVORECE A CONTRATACION DE 300 INVESTIGADORES MENORES DE 35 ANOS

Alfonso Rueda anunciou a activación do programa Principia, que vai apoiar que as empresas e centros de coñecemento galegos (como universidades, fundacións e centros tecnolóxicos) contraten ata 300 investigadores menores de 35 anos.
“Esta medida vai orientada a aqueles mozos e mozas cun ano ou menos de experiencia laboral na súa categoría profesional”, explicou Rueda. Cada entidade poderá solicitar axudas para financiar ata 10 contratos, cunha duración mínima dun ano e un importe bruto anual de, polo menos, 24.000 euros. A Xunta dedica ao programa Principia tres millóns de euros, cos que apoiará cada contrato con 10.000 euros.
Deste xeito, o Goberno autonómico cumpre unha das medidas para canalizar os fondos extra dos que dispoñemos por cumprir o déficit, tal e como se comprometeu o presidente hai dúas semanas: ampliar de 200 a 300 o número de investigadores a contratar.

No hay comentarios: