martes, mayo 03, 2016

SATISFACCION DE IR FACENDO BEN AS COUSAS

Pedro Puy afirmou onte que o PP aborda a nova convocatoria de eleccións xerais e os próximos comicios autonómicos “coa satisfacción de ir facendo ben as cousas no ámbito da xestión pública, pero tamén no ámbito da xestión do partido, onde temos xa determinado tanto o candidato como as persoas que van a empezar a traballar tanto na rendición de contas como no programa electoral”.  Puy alertou que “sería malo que a alternativa ao PP estivera encabezada por quen está nun extremo do espectro ideolóxico, que ademais ten dado mostras onde tivo responsabilidades de goberno de que non acaba de ser unha alternativa coherente, nin de goberno nin de xestión, senón máis ben todo o contrario”.
Puy sinalou que a actualidade política vén marcada pola convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 26 de xuño, “unhas eleccións que deberían de terse evitado e que non foi posible desde o momento que diversos grupos preferiron apostar por unha coalición alternativa a aquela que pivotase no Partido Popular como forza que tiña maior respaldo electoral”. .
Respecto das eleccións galegas, o portavoz popular avogou por manter o debate diferenciado sobre as nacionais e porque se celebren “cando corresponde e con absoluta normalidade democrática, algo que desgraciadamente comeza a ser atípico na política española nestes momentos, como o demostra a repetición das eleccións xerais”.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero Pedrito, ainda segues ahí

XD

Anónimo dijo...

Este hombre y yo tenemos conceptos distintos de lo que es hacer bien las cosas.

Anónimo dijo...

Pedro? zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz -esperta home - zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz- pero home fai unha proposta -zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz