jueves, mayo 19, 2016

RUEDA REUNESE CO GRUPO DO PP NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Alfonso Rueda realizou unha visita á Deputación de Pontevedra para manter un encontro de traballo co Grupo Provincial do PP. Un grupo que está a suplir co seu traballo a falta de iniciativa política do goberno que presidente a socialista Carmela Silva xa que desde o inicio do mandato todas as mocións que se presentaron con contido e alcance político foron defendidas polos deputados do PP desde a oposición, algo que tería que facerse desde o goberno.
"Se non hai un goberno que goberne ten que haber unha oposición responsable que polo menos faga propostas e estas se leven a cabo", dixo  Rueda, que apuntou que os únicos con portas e ventás abertas na institución provincial son os do PP.

No hay comentarios: