martes, mayo 03, 2016

OURENSE O APOIO PARA A TERCEIRA MAIORIA

Ante máis de trescentos afiliados do PP ourensán que se deron cita no auditorio do Conservatorio de Música, aos cales presentou a súa candidatura á presidencia dos populares galegos, Feijoó  afirmou ser “un convencido desta provincia, de onde imos sacar unha terceira maioría absoluta”, e engadiu que “en Ourense non podemos fallar nin baixar dos resultados obtidos en 2012 e desde aquí imos ensinar o que sabemos facer”.
Para Feijóo o congreso que se celebrará en Ourense os próximos días 7 e 8 de maio “será determinante, pero non para min, senón para o partido e para Galicia”, por iso pediu o dobre apoio dos presentes tanto para ser presidente do partido como presidente de Galicia. “Non teño outro obxectivo”, dixo, explicando que asume ata catro responsabilidades como son optar á presidencia do partido, gañar o congreso, optar á presidencia da Xunta e sacar unha nova maioría absoluta.
Feijoó, que se definiu como un político inconformista, leal, “nin feito en laboratorio nin en estudios de televisión”, contrario á política do espectáculo e a frivolidade, destacou que o PP é o primeiro partido de Galicia “porque gañamos as eleccións e iso lexitímanos para continuar en política”. Pero tamén advertiu que “non partimos con vantaxe e o obxectivo non pode ser outro que alcanzar a maioría absoluta”.
Cunhas palabras previas de Jesús Vázquez, en calidade de anfitrión, nas que animou a todos os presentes a traballar para gañar os procesos electorais que se aveciñan, Manuel Baltar, subliñou o labor que xa están a realizar os populares ourensáns.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Denla por perdida.

Anónimo dijo...

Se presenta Democracia Ourensana a las autonómicas. Son la única oposición al engendro Baltar-PSOE, culpable de buena parte de todas las desgracias de esta desolada provincia. Por tanto DO tendrá mi voto y apoyo entusiasta. Creo que en mi entorno se irán alrededor de 8-10 votos a DO en las autonómicas, votos que antes se iban todos al PP. Pero entre el Mariano, la Soraya y los baltares no tengo otra opción que ir contra la pocilga en que han convertido al Partido Popular. La guinda fue lo de este fin de semana dando la medalla de oro al mérito en el trabajo al liberado sindical Cándido Méndez...