sábado, mayo 14, 2016

O SABADO VIII CONGRESO PROVINCIAL EXTRAORDINARIO DE NN.XX. LUGO

Elena Candia, José Manuel Barreiro e Miguel Tellado, clausurarán o VIII Congreso Extraordinario Provincial de Novas Xeracións do PP de Lugo, que se celebrará este sábado en  Monforte de Lemos.
A cita dará comezo ás 11:00 horas no restaurante monfortino Don Manuel. Dende as 13:15 horas procederase aos discursos de peche do Congreso, nos que tamén intervirán  Diego Gago  e Javier Dorado.
A recollida de acreditacións de compromisarios e invitados abrirase ás 11:00 horas. Tras a benvida do presidente do Comité Organizador Fernando Carreiras e o acto de inauguración por parte do presidente da Mesa do Congreso, Diego Campo; intervirá a presidenta do PP de Monforte, Julia Rodríguez.
A lectura do relatorio, que leva por título ‘Todos Facemos Provincia’ e cuxo prazo de presentación de emendas remata hoxe, será sobre as 11:45 horas ao que seguirá a presentación do informe de xestión por parte do secretario xeral saínte, Fernando Carreiras.
A quiroguesa Rosa Arza é a unica candidata oficial á presidencia de Novas Xeracións da Provincial de Lugo e tal e como anunciou, de ser elixida, estará acompañada no seu equipo polo focense Roberto Fernández e o lucense Pablo Flórez. Así, unha vez realizada a votación, a proclamación do presidente electo será sobre as 12:50 horas. Acto seguido, intervirá o presidente provincial saínte de Novas Xeracións, Daniel Vega, e a nova Presidenta Rosa Arza.
Durante a celebración do Congreso, o PP tamén disporá dun Stand sobre redes sociais e novas tecnoloxías.
O congreso pecharao un xantar da mocidade no que participarán simpatizantes e afiliados de Novas Xeracións da Provincia de Lugo.

No hay comentarios: