viernes, mayo 13, 2016

O PPOU NON LLE PASA UNHA O VOCEIRO SOCIALISTA NA DEPUTACIÓN

Pablo Perez o ten claro “O mentirán oficial do grupo socialista, tal e como aprobou o último pleno da Deputación, segue a dar mostras da súa máis absoluta soidade ao ter que recorrer, unha vez máis, a buscar fora de Ourense os apoios que nin atopa nin lle prestan os seus compañeiros, desta volta no entorno das xuventudes dos socialistas galegos”. O voceiro do PSOE, que trala súa reprobación despreza aínda máis á Deputación acudindo menos tempo que nunca a institución, da que cobra unha dedicación exclusiva, confunde totalmente o que debería ser o seu labor na institución provincial coa política de partido.
Así, engadiu, “o representante da oposición está a citar na Deputación a cargos nacionais, galegos e, agora, das xuventudes en Galicia, para continuar sementando dúbidas inadmisibles sobre o goberno provincial, xa que non ten nin idea do que é presentar iniciativas e propostas que realmente axuden ao desenvolvemento da provincia.
Ao contrario, puntualizou o deputado popular, a súa única estratexia “é presentarse, agora sempre acompañado, no Pazo Provincial para segundo di falar da actualidade das xuventudes socialistas, que tamén amosan un bo criterio ao ter como referente a un deputado que, como quedou acreditado, só sabe utilizar a mentira como argumento político”. A este paso, ironizou, “non sería estraño verlle acompañado a próxima vez do presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz”.
Aínda máis, dixo Pérez, o voceiro socialista amosa unha nula visión política xa que comparece diante dos medios, nunha convocatoria chea de erros, co secretario xeral das xuventudes socialistas, Aitor Bouza, elixido nun congreso no que o 45 % dos delegados pediron a impugnación e repetición do mesmo por vulnerar os dereitos dos militantes da organización.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vale José Manuel, ya sabemos como son los socialistas. Pero aunque no seamos socialistas y critiquemos duramente sus políticas, tan parecidas a las del Partido Popular pop de estos tiempos, tenemos que reconocer que ese chico no está en el puesto gracias a que fuera colocado por su papá en un proceso sucesorio por culpa del cual dicho progenitor tuviera que ser posteriormente inhabilitado. Ni tampoco, hoy por hoy, esta imputado por cohecho y acoso en turbios asuntos de empleo por sexo. No todo el mundo puede decir lo mismo.