miércoles, mayo 18, 2016

O PPdeG GALEGUISTA, REFORMISTA E RENOVADO

Feijóo asegurou que fronte a un PPdeG galeguista, reformista e renovado, só podemos atopar ao o resto de partidos que non fixeron absolutamente nada nin por Galicia nin por España nos últimos meses.
Na primeira reunión do Comité Executivo do partido trala celebración do seu XVI Congreso autonómico, o mandatario referiuse ao PSOE, a Podemos e a Ciudadanos, que excluíron ao PP e decidiron que ían tomar as riendas do futuro de España. Nese sentido, apuntou que o que tivemos neste tempo foron cero avances e un país paralizado nas súas mans, o mesmo que sucedeu en varias cidades de coalicións PSOE e Podemos desde hai un ano.
Feijóo indicou que estas actitudes abocáronnos a unhas novas eleccións xerais nas que tamén haberá que afrontar a fartura da xente. E é que segundo Feijóo, nesta campaña, os partidos non só deberían pedir o voto aos españois senón tamén perdón por seren incapaces de dar coa solución política que pediu a xente nas urnas.
Na súa intervención, dixo que o PPdeG é un partido de maiorías, de goberno, dun país e dun pobo. “Nós somos o partido de Galicia”.
Desta forma, Feijóo manifestou que mentres hai outros partidos que cren que Galicia é deles, os populares non se van apropiar nunca da nosa comunidade, xa que entenden que é de todos os galegos e estes teñen dereito a sentila como queiran e en liberdade.
Ademais, asegurou que o PPdeG ten un discurso galeguista porque naceu aquí para toda España, é o primeiro partido de Galicia e leva anos xestionando os intereses dos galegos, aqueles dos que non se debería poñer en cuestión o amor que senten pola súa terra.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cuanta originalidad. Lo de galeguista, reformista y renovado es más viejo que don Manuel Fraga. Aquí siguen los de siempre o peor. Caciques renovados de toda la vida.