martes, mayo 24, 2016

O PP DE PONTEVEDRA FORZADO A REFORZAR A SUA ESTRUCTURA LOCAL

José Manuel Cores Tourís, este fin de semana, reuniuse en Mos cos 11 coordinadores comarcais do partido e na que participou ademais a alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo e a coordinadora de Organización, Luisa Piñeiro. 
O PP de Pontevedra aposta por reestruturar ou reforzar o partido en todas as agrupacións locais do Partido Popular que así o precisen antes da celebración das eleccións autonómicas.
A renovación e reorganización do partido, que comezou coa celebración dos congresos provinciais e autonómico continúa na provincia a nivel local, coa constitución de novas xestoras que dirixirán as agrupacións locais ata a celebración de congresos. Aínda que algún se celebrará entre as dúas citas electorais deste ano, a maioría celebraranse despois das eleccións autonómicas.
Na reunión que celebran de forma itinerante por todas as comarcas da provincia, acordaron as próximas reunións abertas con afiliados que se van celebrar nos próximos días: Tui, Nigrán ou Vilagarcía.

1 comentario:

Anónimo dijo...

en pontevedra esta ofuturo presidente de nnxx de galicia!!!! o seu presidente provincial!!!animocarollo!!!!