lunes, mayo 30, 2016

O PP DE LUGO REUNIUSE CO COMITE DE EMPRESA DE ALCOA

Unha representación do PP lucense mantivo un encontro de urxencia cos integrantes do Comité da empresa Alcoa en San Ciprián. A  planta que Alcoa ten en San Ciprián é un proxecto “estratéxico e irrenunciable”, polo seu peso como motor industrial da comarca da Mariña pero tamén do conxunto da provincia, onde representa máis do 30% do seu PIB.
Na xuntanza participou Elena Candia,  José Manuel Barreiro,  José Manuel Balseiro e Jaime de Olano e os alcaldes populares de Xove e Cervo, Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares, respectivamente.
Para o PP era prioritario celebrar este encontro cos representantes dos traballadores para trasladarlles que están “ao carón das súas preocupacións” ante as decisións que a multinacional do alumino poida adoptar sobre o futuro das súas fábricas e, moi en particular, dos centros de traballo lucenses de alumina e aluminio.
Candia explicou que quixeron facerlles partícipes da mensaxe que “nos consta comparte tanto o presidenta da Xunta como o conselleiro de Economía, Emprego e Industria” en relación a que “estarán vixiantes” supervisando a evolución destas negociacións.
Indicou tamén que o Partido Popular e o Goberno galego só apoiaran aqueles proxectos nos que “como condicións mínimas se garanta a continuidade dos postos de traballo e se manteñan os investimentos comprometidos”.
“Poñémonos a disposición dos traballadores para defender e compartir as súas preocupacións e trasladar e defender as súas posturas alí onde teñamos representación institucional e tamén responsabilidades de goberno”-concluíu Candia.

No hay comentarios: