martes, mayo 31, 2016

O PP DE LUGO DENUNCIA A VENDA DE SO FUME DA DEPUTACIÓN

O PP na Deputación de Lugo denunciou que o Goberno bipartito venda só fume ao anunciar unha nova de ordenanza do Servizo de Teleasistencia Social no Fogar. “Están a enganar aos veciños e especialmente aos nosos maiores e dependentes, ao vender como novidades no servizo de Teleasistencia o que sempre foi así”, precisan, ao tempo que lembran que foi o Goberno de Candia “o que deu o paso para asumir o 100% do custe do servizo”.
Os populares aseguran que co Goberno do PP na Deputación nunca se cobrou ningún tipo de copagamento aos seus usuarios. “Sempre foi unha prestación para todos, cunha asistencia inmediata nos seus propios fogares co sinxelo dispositivo telemático”, explican. A única diferenza establecida dende aquela é a de que coa chegada ao Goberno de Elena Candia a Deputación asume integramente o custe do Servizo de Teleasistencia, que cos socialistas e nacionalistas no ente lucense debían cubrir nun 50% os concellos. É dicir, foi un Goberno popular o que introduciu máis facilidades aos municipios. Polo tanto, “a gratuidade para os usuarios non é unha novidade"

No hay comentarios: