jueves, mayo 19, 2016

O PP CONVIDA A ALCANZAR ACORDOS NA DEPUTACION DE LUGO

O PP de Lugo demanda que as súas reclamacións sexan incorporadas aos Orzamentos da Deputación, aprobados provisionalmente, posto que os mellora de xeito fundamental, polo que mantén a súa convicción de que sairán adiante no Pleno de hoxe. As propostas que presentaron os populares supoñen, en palabras de, Elena Candia, un reparto máis xusto e equilibrado e dunha maior contía para que todos os concellos podan ver atendidas as súas necesidades básicas
Os populares consideran que é responsabilidade do goberno bipartito e, en concreto, do seu presidente, tratar de chegar a acordos e acadar o consenso que permita sacar adiante as contas, sobre todo cando se atopan nun Executivo en minoría que precisa do apoio dos demais grupos da Corporación para traballar.
O Grupo Provincial do PP convida a PSOE e BNG a tratar de alcanzar acordos que beneficien a toda a provincia a atenda as reclamacións dos populares. Para Elena Candia “Agora pouco importa un día arriba ou un día abaixo na aprobación das contas, o que importa de verdade é ter unhas mellores contas e iso é o que nós propomos”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que alguén de telexenia lle indique que ese cruce de pernas queda horrible. Parece unha chorrada pero non o é. Non é doado estar tras un atril pero deben aprender e relaxarse, centrarse só no que din.