domingo, mayo 22, 2016

O NAVAL GALEGO MAIS COMPETITIVO QUE NUNCA

Feijóo destacou  o esforzo que está a facer o sector naval galego por renovarse e ser máis competitivo, o que lle está a reportar un aumento progresivo da carga de traballo. Durante o acto inaugural de Navalia 2016, Feijóo precisou que a fórmula que empregaron os estaleiros da comunidade para conseguilo resúmese nunha expresión que é sinónimo desa veteranía que adquiriu o sector naval galego: o know-how; é dicir, o saber facer, a experiencia e o coñecemento.
“Esta foi e é a carta de presentación tanto na ría de Ferrol coma na ría de Vigo”, aseverou, incidindo en que tamén ten moito que ver co xeito no que as principais empresas do sector souberon integrar a innovación e os novos sistemas tecnolóxicos á cadea de produción.
Segundo o presidente da Xunta, todo isto está a facer posible que o sector naval conte cunha carteira de pedidos que, entre o primeiro trimestre de 2015 e o primeiro trimestre deste ano, pasou de 9 a 19 buques, que eses 19 buques representen o 32% do total de contratos que actualmente rexistra o sector en toda España; e que, atendendo ao índice de actividade ponderada, a carga de traballo nos estaleiros galegos aumentase en 2015 case un 50%.

No hay comentarios: