miércoles, mayo 18, 2016

NN.XX. OURENSE E AS LETRAS GALEGAS

Novas Xeracións do PP de Ourense celebrou nos xardíns do Padre Feijoo de Ourense, un acto de homenaxe os escritores e autores ourensáns con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano o poeta Manuel María. Os mozos populares, con José Antonio Parente á fronte, estiveron acompañados no acto por Manuel Baltar, Jesús Vázquez, e por Galicia, Diego Gago.
Ademais da lectura de catro poemas do autor lucense –A fala; O carro; O arco da vella; e Morrendo a cada intre”-, José Antonio Parente presentou aos asistentes un manifesto “nestes xardíns do Padre Feijoo, un dos moitos ilustres ourensáns, que de seguro sería meritorio do premio a ourensanía”.
Parente, non obstante, afirmou que non só estaban a celebrar o día das nosas letras, senón que tamén estaban a proclamar “a nosa ourensanía e o noso galeguismo”. Subliñou o dirixente de Novas Xeracións que Ourense “é terra de escritores, de cultura, de letras, da Xeración e do grupo Nós, de galeguismo e, en definitiva, de ourensanía”.
As súas verbas estiveron acompañadas en todo momento polo recordo aos nomes máis senlleiros da cultura ourensá, dos precursores do galeguismo desde a provincia e mesmo de empresarios que tamén fixeron ourensanía alí onde estiveron.
Deste xeito, poñendo en valor o enorme peso da cultura ourensá en Galicia, José Antonio Parente reclamou que 2017 “sexa o ano da ourensanía nas nosas letras, saíndo desta longa noite de pedra”.
Utilizando as verbas do poeta Celso Emilio Ferreiro destacou así que o último ourensán ao que se lle dedicou o Días das Letras Galegas foi o etnógrafo Xaquín Lorenzo “Xocas”, no 2004, propoñendo incluso como próximo homenaxeado ao intelectual limián Carlos Casares.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, recolleu as verbas de José Antonio Parente para afirmar que “de seguro o 17 de maio de 2017 estaremos en Xinzo de Limia celebrando as letras galegas para Carlos Casares, coincidindo co 50 aniversario do seu libro Vento ferido”.
Para Manuel Baltar, actos como o de hoxe veñen a reforzar o compromiso dos populares de Ourense co reformismo, o centrismo e mailo galeguismo, “como o propio presidente do Partido Popular de Galicia resaltou no congreso galego da nosa formación a pasada fin de semana coas palabras Galicia, Galicia, Galicia”.
Pola súa banda, o alcalde e presidente do PP en Ourense Cidade, Jesús Vázquez, tamén se referiu á importancia dos autores ourensáns, pero quixo salientar o feito de que a organización xuvenil dos populares escollera a cidade para conmemorar este día. Mentres, Diego Gago, presidente galego de Novas Xeracións, subliñou a importancia desta cita e a iniciativa dos mozos populares ourensáns, polo que recoñeceu que non podía deixar de colaborar coa súa presenza.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

La relación de personal de la Deputación al completo.

Anónimo dijo...

Un miembro de NNXX que sabe quien fue Carlos Casares... a ver si aprende Camiña...