martes, mayo 24, 2016

GALICIA BLINDADA CONTRA OS RECORTES


Na comparecencia ante os medios de comunicación logo da reunión do Grupo Parlamentario para preparar o Pleno desta semana, Pedro Puy salientou que “levamos iniciativas de desenvolvemento económico e propostas e debates sobre actuacións futuras no ámbito da protección social de quen máis o precisa como consecuencia da crise”.
Pedro Puy tamén afirmou que “a Comunidade galega está blindada este ano contra a existencia de novos recortes porque hai marxe” logo de ter cumprido o obxectivo de déficit nos últimos anos. Respecto do primeiro aniversario dos novos gobernos municipais, Puy manifestou que “as improvisacións e as minorías que se creen con capacidade de gobernar como se tivesen maioría están a dar peores resultados que os gobernos que se basean nunha maioría estable e cun programa de goberno que poden aprobar e levar á práctica”.
Cuestionado sobre a posibilidade de que sexan necesarios novos recortes, Pedro Puy sinalou que en Galicia “estamos tranquilos porque temos cumprido o déficit estes últimos anos e parece que non se vai chegar ao nivel do 0,7 por cento autorizado este ano para o conxunto das comunidades autónomas”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pedriño? zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz