lunes, mayo 09, 2016

FEIJÓO CENTRADO EN GALICIA

Feijóo no seu discurso de clausura do Congreso do PPdeG  asegurou que vai converter a honra de volver a liderar o PP de Galicia na obriga e no compromiso de non deixar de traballar nin un minuto por unha Galicia orgullosa do que é, do que sente e do que fai, e que ten o seu futuro só nas mans dos galegos.
Tamén agradeceu a confianza depositada nel por parte dos militantes e asegurou que sabe o que supón a responsabilidade de presidir o partido; de dar a cara polos 100.000 afiliados e ser o portador da ilusión e esperanza de tantos galegos; de manter o listón máis alto que o dos demais; e do reto de acadar o que ningún outro partido en ningún outro lugar acadou.
Feijóo pediu o apoio e implicación de todo o PP de Galicia para seguir traballando “todos xuntos” por Galicia, tal e como sucedeu en 2009, en 2012 e como sucederá en 2016.

No hay comentarios: