domingo, mayo 29, 2016

FEIJOO AGRADECE A CORDIALIDADE DE RAUL CASTRO

Feijóo agradeceu ao presidente da República de Cuba, Raúl Castro, a cordialidade do pobo cubano e confirmou o interese do país por concretar colaboracións en sectores como o agroalimentario, o biotecnolóxico, o enerxético e o das TIC. “Agradecer ao presidente Raúl Castro a deferencia que tivo de volver a recibirnos e de poder ter unha longa reunión durante a cal falamos da evolución de Cuba e do novo momento político que está vivindo a illa, das relacións entre Cuba e Estados Unidos e, por suposto, de Galicia”.
Nesta liña, Feijóo valorou moi positivamente o feito de que o presidente de Cuba coñecese o contido das reunión mantidas nesta viaxe con 10 ministerios do seu goberno, así como co vicepresidente do Consello de Ministros, Ricardo Cabrisas, e coa Cámara de Comercio de Cuba; e o interese por concretar distintas actividades económicas que se poden levar a cabo entre o pobo cubano e o galego.
“Dicía o presidente Raúl Castro que agora que se abre un novo período de entendemento e de cooperación entre España e Cuba –unha vez que se concretou a forma de saldar a débeda que Cuba tiña con España-, o lóxico é empezar facendo negocios con Galicia. E, eu espero que sexa así”

No hay comentarios: