jueves, mayo 19, 2016

DUAS NOVAS INICIATIVAS DO PP NA DIPUTACION DE OURENSE

O grupo provincial do PP na Deputación de Ourense deu a coñecer onte o contido das dúas mocións que presentará ao pleno ordinario do próximo día 27, relativas á mellora dos servizos públicos de transporte entre as vilas e a capital, así como á defensa da Festa do Boi de Allariz.
Na presentación de ambas as dúas iniciativas participaron o coodinador do grupo provincial popular, Pablo Pérez, o voceiro do grupo municipal do PP no Concello do Carballiño, Argimiro Marnotes, o deputado Manuel Doval e a voceira popular en Allariz, Luz Doporto.
Pablo Pérez, no inicio da presentación, quixo salientar que o PP presentou ambas as dúas mocións con antelación suficiente para que poidan ser dictaminadas polas respectivas comisións, “ás que lles damos contido, permitindo ademáis que os grupos políticos teñan un axeitado coñecemento destas iniciativas; un traballo que é posible grazas aos medios materiais e humanos dos que hoxe, máis que nunca, dispoñen todos os grupos”.

No hay comentarios: