jueves, mayo 05, 2016

CONSTITUIDO O COMITE DE CAMPAÑA DO PPOU

O PP de Ourense ven de constituír o primeiro comité de campaña de España para preparar os comicios do 26 de xuño.
Este órgano, encargado da organización e desenvolvemento da campaña electoral, estará presidido como responsable político por Manuel Baltar, repetindo nos postos de coordinación de campaña e de organización Rosendo Fernández e Jorge Pumar, respectivamente.
O comité estará composto por vinte e cinco persoas e incorpora catro nomes: Miri Barreira como responsable da campaña para os dirixentes nacionais; José Antonio Parente como presidente de Novas Xeracións; Luciano Iglesias, responsable de novas tecnoloxías e redes sociais; e Alberto Carnero en prensa.
O presidente provincial, Manuel Baltar, salientou que os populares ourensáns están “perfectamente preparados para afrontar, antes que ninguén, un novo proceso electoral, como así vimos de amosar na actividade orgánica destes meses”, demostrando ao mesmo tempo coa constitución do comité que “este é un partido das persoas”.
A composición do comité de campaña é a seguinte:

Responsable Político: José Manuel Baltar Blanco
Coordinador de Campaña: Rosendo Fernández
Coordinador de Organización: Jorge Pumar Tesouro.
Xerente de Campaña. Responsable de Publicidade, Medios e Publicidad Exterior: Luis Vergara Gómez.
Responsables de Programa Electoral e Argumentos: Cristina Romero, César Fernández, Moisés Blanco e Ana Villarino. Responsable de Formación: César Blanco Gómez
Responsable de Interventores e Apoderados: María Feliciana Dacoba Pérez.
Responsable de Mailing: Montserrat Lama Novoa.
Responsable de Transparencia: Mónica Mourelo Pérez.
Responsable de Asesoría Xurídica: Carmen Carballo Fernández.
Responsable de Prensa: Alberto Carnero Fernández.
Responsable de Actos Públicos: Pablo Pérez Pérez. Responsable de Actos Sectoriais: Miguel Ángel Santalices Vieira.
Responsable Campaña Dirixentes Nacionais: Miri Barreira Diz
Responsable Voto por Correo: Ana Belén Vázquez Blanco.
Responsable Voto CERA e Voto Exterior en España: Antonio Rodríguez Miranda.
Responsable de NN XX: José Antonio Parente Camino
Responsables de Mobilización Electoral: Carmen Leyte Coello, Argimiro Marnotes Fernández e Avelino García Ferradal
Responsable de Novas Tecnoloxías e Redes Sociais: Luciano Iglesias Mariño
Responsable Ourense Cidade: Jesús Vázquez Abad

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Cando van a facer un congreso os de OU?

Anónimo dijo...

Usted se perdió capitulos verdad?
Se hizo una Provincial y otro local hace nada.