lunes, mayo 23, 2016

CONGRESO LOCAL DO PP DE PONTEDEVA

Por unanimidade dos compromisarios, Juan Carlos González Carbajales foi elixido presidente da xunta local do PP de Pontedeva no congreso celebrado esta fin de semana. González Carbajales (Trado, Pontedeva, 1968) afronta na actualidade o terceiro dos mandatos como alcalde neste concello.
Durante a súa intervención, xa como presidente do PP local, González Carbajales agradeceu o apoio recibido en tanto que supón “un novo voto de confianza ao labor que estamos a facer, no que a máxima prioridade, tanto desde o punto de vista político como de goberno, é loitar pola pervivencia do noso concello”.
Para José Antonio González, o polígono industrial de Trado é o eixo do seu proxecto municipal de goberno, “que pasa por crear emprego, ofrecer máis e mellores servizos aos veciños e manter ou mesmo atraer a máis habitantes”.
Con este fin e desde o PP, engadiu, “imos ofrecer seriedade e cercanía aos nosos veciños, que eleccións tras eleccións veñen amosando a súa confianza no noso traballo co seu apoio maioritario”.
Manuel Baltar recolleu na clausura do congreso as palabras de González Carbajales para subliñar que os gobernos se fan desde os partidos e non ao revés, “e por iso os gobernos do PP na nosa provincia teñen tanta fortaleza”.
Manuel Baltar reiterou diante dos asistentes o seu compromiso cos pequenos concellos, “esenciais para combater o despoboamento do rural e garantes dos servizos públicos esenciais para os seus veciños”.
Un ámbito, apuntou o presidente popular “no que as deputacións, como hoxe puxemos de manifesto nunha xornada, están a demostrar que teñen un papel vital no sostemento dos servizos públicos que prestan aos concellos".

No hay comentarios: